As mulleres no mundo do deporte de competición

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/faladoiro-da-aspg-muller-deporte-vero-boquete-cristina-lopez/20191210124821088074.html

Esta cuarta feira, co título ‘‘As mulleres no mundo do deporte de competición’. Ás 20:00 horas no Edificio Administrativo en Pontevedra.

‘Fálase de, o ciclo de conversas organizado pola AS-PG en colaboración coa Deputación de Pontevedra, pon o ramo esta cuarta feira, 11 de decembro, co tema ‘As mulleres no mundo do deporte de competición’.

Unha cita na que participa Vero Boquete, futbolista profesional, actualmente nas filas dos Utah Royals FC (Salt Lake City, USA) e xogadora profesional. Tamén estará Cristina López Villar, profesora da facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física na Coruña, e integrante dun grupo de investigación con diferentes liñas en torno ao deporte e o feminismo. Entre os seus traballos destaca a publicación do libro ‘Pioneiras do deporte en Galicia’.