Pepe Galán e Cristina de La Torre triunfan no IX Certame de Curtas da AS-PG

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/pepe-galan-cristina-torre-triunfadores-ix-certame-curtas-da-pg/20191216202157088432.html

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) celebrou durante a xornada de hoxe día 16 no Forum Metropolitano da Coruña a gala de entrega de premios da novena edición do xa tradicional Certame de Curtas da asociación.

Abertos á creación audiovisual de calquera tipo e co único requisito de non exceder os 30 minutos de duración e "xiraren ao redor da literatura, interpretando ou explorando calquera texto de calquera época da literatura Galega", os premios do IX Certame de Curtas da AS-PG divídense en dúas categoráis: xeral e de Centros de Ensino.