María Luz Morales

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/memoria/maria-luz-morales-vehemente-galeguista-foi-primeira-muller-directora-dun-xornal-estado-espanol/20191230101047088953.html

A primeira muller que dirixiu un xornal no Estado español foi galega. A xornalista María Luz Morales Godoy nacía na Coruña o 1 de xaneiro de 1898, hai hoxe 122 anos. En 1910, marchou para Barcelona, cidade onde foi destinado seu pai, funcionario de Facenda. Porén, María Luz Morales nunca se desvinculou do país que asumiu para sempre como o seu.