De Nós a Nós

    AS-PG
    De AS-PG
    https://www.acalexandreboveda.gal/de-nos-a-nos/

    Hai palabras que conseguen adquirir tanta forza e intensidade que pasan a ser patrimonio de todos, tal é a súa capacidade de expresión colectiva. O pronome tónico Nós é unha delas. O feito de ser primeira persoa do plural e a posibilidade de funcionar como suxeito, préstase para o seu uso colectivo : nós somos…, nós queremos… Un pobo –como o galego– que precisa e quere afirmarse, que desexa acabar coas “vaguidades” das que fala o himno de Pondal, que sente a necesidade de ser suxeito do seu futuro, tiña que ter na voz Nós un dos seus termos predilectos. E, así foi. Deu nome –entre outros posibles elementos– a unha revista, a unha xeración literaria, a un grupo de intelectuais nacionalistas, a unha editorial e a un xornal. A continuación, repasamos brevemente o que significaron e van significar estes distintos NÓS ao longo da historia.