"A mellor nova do día é a saída de Nós Diario"

https://www.nosdiario.gal/articulo/social/mellor-nova-do-dia-saida-nos-diario/20200102171450089085.html

Estou feliz de saír a mercar Nós Diario"; "Agora si. Agora Galiza ten voz propia na rúa, chea de acentos diversos, como a mesma realidade galega"; "Hoxe merquei un xornal en papel por primeira vez en décadas";  "Canta falta dun medio en galego!". Son un pequeno exemplo da resposta suscitada entre a cidadanía pola saída do prelo do primeiro número de Nós Diario, que se esgotou en moitos dos 2.400 puntos de venda no que se distribúe e foi tendencia nas redes sociais na Galiza.