Premio Viaductos de Novela

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/convocado-premio-viadutos-novela/20200123113352090035.html

A editorial Galaxia e o concello de Redondela convocan o III Premio Viadutos de Novela. A recepción de orixinais inéditos, non publicados nin divulgados con anterioridade, cunha extesión mínima de 100 páxinas, estará aberta até o día 31 de marzo de 2020.

A obra gañadora recibirá un premio en metálico de 3.000 euros, ademais de ser editada e comercializada pola Editorial Galaxia na súa colección Literaria. As dúas edicións anteriores galardoaron A casa xunto ao volcán, de Xosé Ricardo Losada, e Os bicos feridos, de Anna R. Figueiredo.