Respecto pola toponimia galega

    AS-PG
    De AS-PG
    https://www.nosdiario.gal/articulo/politica/bloque-exixe-ao-goberno-espanol-respecto-pola-toponimia-galega/20200126134903090190.html

    Cumprir coa legalidade vixente, marcada na Lei de Normalización Lingüística, é unhas das principais exixencias que o BNG demanda do Estado español no Congreso dos Deputados. O parlamentario nacionalista en Madrid, Néstor Rego, informou este domingo, 26 de xaneiro, da apresentación na Cámara Baixa dunha pregunta escrita para que o Estado dea explicacións polo seu incumprimento da lexislación, xa que non respecta a forma oficial dos topónimos galegos.