O amante

https://issuu.com/kalandraka.com/docs/o-amante-g

Aínda que non atravese o seu período de maior relevo público, a de Marguerite Duras (Cidade Ho Chi Minh, Vietnam, 1914-París, 1996) foi unha das obras literarias determinantes no século XX. Radical esteticamente, politicamente comprometida, experimental, foi autora de culto até que, en 1984, 41 anos despois do seu debut, publicou O amante. A editorial Kalandraka publica agora a versión galega do libro no seu selo Faktoría K e coa tradución da poeta Oriana Méndez.

O amante é unha novela de ficción ambientada na Indochina colonial. Protagonízaa unha moza francesa e a súa familia arruinada. O pouso autobiográfico resulta máis que evidente. De feito, Duras nunca o negou, como tampouco o negou en libros posteriores e, de certo xeito, continuadores do Amante: é o caso do Amante da China do Norte (1991).

(Daniel Salgado en Nós Diario)