Homenaxe a Carvalho Calero

http://bitaculas.as-pg.gal/blog/2020/05/17/homenaxe-a-carvalho-calero/

 Queremos Galego realizou esta mañá en Compostela unha ofrenda floral diante da estatua homenaxe de Carvalho Calero, onde representantes de entidades a prol da lingua galega deron lectura do manifesto do Día das Letras 2020.

A ASA-PG estivo representada pola presidenta, Patricia Varela, que na súa lectura enxalzou a figura do profesor Carvalho Calero.