Letras Galegas

    Sermos Galiza
    De Sermos Galiza
    http://www.sermosgaliza.gal/opinion/iolanda-teixeiro-rey/letras-galegas-galo-barcelos-galiza-azul-galo-merdeiro/20170516195850057545.html

    Un artigo de Iolanda Teixeiro.

    Naquel curral sempre se deitavan coas galiñas. Muito antes de asomar aquela primeira estrela pola Galaxia, todas as galiñas brancas pintarraxáranse de azul, non para protexer da tralla do cacique a galiña azul, como puidera parecer, senón máis ben para lles poder vender esas cinco plumas vermellas que portava, ás editoras do curral. Havía muito que se fixera a descuberta de que as devanceiras das pitas brancas non cantavan nen cocoricó nen cacaracá senón un outro belido canto mui semellante ao quiriquí do galo de Barcelos. Nobre canto que fora das mellores Cortes empoleiradas das vellas terras.