Valentín Paz Andrade

    AS-PG
    De AS-PG
    http://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/valentin-paz-andrade/2017-05-19/

    O 19 de maio de 1987  morre en Vigo Valentín Paz Andrade, escritor, xurista, economista, político, empresario e xornalista. Incorporado ao  movemento galeguista,  en 1919 participou na II Asemblea Nacionalista e, anos despois, militou e foi secretario do Partido Galeguista e colaborou na elaboración do Anteproxecto do Estatuto de Galicia. Despois do golpe militar o seu compromiso político e a súa faceta de xurista lévao a axudar a compañeiros galeguistas na súa fuxida, e a interceder e defender a moitos deles das penas que se lle imputaban, entre outros, aínda que sen éxito, a Alexandre Bóveda.