Dous textos de Fole

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/descoberta-dous-poemas-ineditos-do-anxel-fole-mais-satirico/20170613123457058518.html

O tesouro que agocha o Fondo Ben-Cho-Shey, depositado no Arquivo Provincial da Deputación de Ourense, permítenos rescatar dous dos primeiros poemas da liña satírica de Anxel Fole, Rimas e El Borbón y su Lacayo que até a data permanecían inéditos ao ficar excluídos da edición das obras completa deste autor. Alén dos valores literarios dos mesmos, a súa divulgación permítenos repasar e coñecer o contexto político do final do réxime de Alfonso XIII e o conxunto de forzas que asentaran a II República.