Á venda Ser modou modou

http://tenda.as-pg.gal/catalogo/ser-modou-modou

Comezaron as presentacións de Ser modou modou. Cóntao Cheikh no seu blog. "Nas Pontes, con Anabel e coa xente do grupo de lectura de Tono, con Tono, todo é sinxelo, agradábel e moi moi agarimoso. E por riba convidáronme a un prato de polbo!

Aquí tedes unha galería de fotografías da xornada. Porque foi máis ca unha presentación dun libro. Foi conversa, música e xantar cuns amigos que comprenden moi ben o que é ser emigrante, estar lonxe da casa, a nostalxia e a coraxa que se require para ter a paciencia da que falou Tono nun dos textos que lemos.

Boto de menos a Matou, e unha rapaza de pel de ébano como a súa, Claudia, leu o poema das bágoas de Matou e os pasos de Cheikh"

O libro xa se pode mercar na tenda da AS-PG e nos próximos días en librarías.

(Fotografías: acto de presentación nas Pontes)