Un día extraordinario

https://senegaliza.wordpress.com/2017/07/16/un-dia-extraordinario-e-ii-o-libro-na-prensa-e-nas-radios/

Levo unhas cantas entrevistas nestes primeiros días de vendas do libro. Chegou o momento de facer unha lista delas. Aparecín falando de Ser Modou Modou en La Voz de Galicia e La Opinión Coruña, e tamén en El Progreso ou en El Correo Gallego, e mesmo nalgún dixital madrileño como El Diario, grazas a unha entrevista que me fixo a Axencia Efe. Falei, claro, para o Sermos Galiza onde manteño unha colaboración mensual na sección de Opinión.