Olga Novo, a guímara do Amor

    AS-PG
    http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/olga-novo-guimara-do-amor/20170830122657060863.html

    Ler a Olga Novo non permite a indiferenza. Os seus poemas abrasan, apelan á memoria colectiva, á linguaxe orixinaria do paraíso, reclaman a intensidade dos afectos como unha revolución política; e cada verso que emite resoa no noso interior como o eco dun tambor de madeira delicada, como o ruído cóncavo que fan as vogais cando entran en contacto co sangue