Fanny Garrido

http://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/fanny-garrido/2017-09-11/

Hoxe, once de setembro, é o centenario da morte en Liáns (Oleiros) da escritora Francisca González Garrido, máis coñecida por Fanny Garrido e que asinaba os seus traballos literarios e xornalísticos co nome de Eulalia de Liáns, parroquia do concello de Oleiros onde viviu, no pazo de Lóngara.

Fany Garrido foi a tradutora da primeira versión española da Viaxe a Italia de Goethe, converténdose nunha adiantada da tradución feminina.