Irène Joliot-Curie: unha científica comprometida

https://genrehistoire.revues.org/1796

Ocorreu en setembro.

120 aniversario do nacemento de Irène Joliot-Curie.

Irène Joliot-Curie, nada en París o 12 de setembro de 1897 e finada o 17 de marzo de 1956 tamén en París, foi unha química francesa galardoada co Premio Nobel de Química en 1935.
Filla dos tamén famosos científicos Marie Curie e Pierre Curie, estudou na Sorbona, tendo que interromper os seus estudos pola I Guerra Mundial, na que serviu como enfermeira radióloga. Tras a guerra, obtivo o doutorado en ciencias cunha tese sobre os raios alfa no polonio.

Activista da paz, tivo un forte interese nos dereitos da muller, chegando a ser membro do Comité Nacional da Unión de Mulleres Francesas e do Consello Mundial da Paz. Ocupou a Cátedra de Física Nuclear na Sorbona, e foi asemade nomeada Vicesecretaria de Estado para a Investigación Científica. Foille concedida a Lexión de Honra francesa.