Manuel Curros Enríquez

http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-es/curros-enriquez-manuel.html

Manuel Curros Enríquez integra, con Rosalía e Pondal, a grande tríada dos clásicos do XIX. Naceu en Celanova, en 1851, de onde fuxiu á idade de quince anos por mor das tensas relacións familiares. Instalouse en Madrid a fins de 1866, cidade en que se fixo bacharel e comezou a carreira de Dereito, ao tempo que se implicaba na vida política e colaboraba na imprensa.