16-S, 81 aniversario do asasinato do mozo Pedro Galán Calvete

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/memoria/pedro-galan-calvete-no-81-aniversario-do-seu-asasinato/20170915211609061347.html

Só tiña 19 anos. O 16 de setembro de 1936 o corpo de Pedro Galán Calvete apareceu sen vida nunha gabia do lugar da Corveira  no Concello de Culleredo.

Detido o 10 de setembro na rúa Bailen da Coruña, mentres paseaba coa súa parella e soñaba co inicio dos seus estudos de dereito que compatibilizaría co seu traballo no departamento de contabilidade da empresa de xabóns La Toja, Pedro Galán foi conducido ao cárcere da Coruña e posteriormente ao cuartel da policía de Orzán