Kazuo Ishiguro gaña o Nobel de literatura

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/kazuo-ishiguro-gana-nobel-literatura/20171005140025062040.html

O autor de Os restos do día (The remains of the day, 1989) vén de gañar o premio Nobel de literatura. Kazuo Ishiguro, que nacera en Nagasaki en 1954 pero viviu en Londres desde os seis anos, visitou Santiago de Compostela hai dez anos, despois de obter o Premio Novela Europea Casino de Santiago en 2006 por Non me deixes nunca.