Primeiro mítin en galego

http://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/primeiro-mitin-en-galego/2017-10-06/

Nos comezos do século pasado a presenza da lingua galega na oratoria política era inexistente. Non tanto noutros ámbitos, como conferencias, brindes e certames literarios, mesmo se eran celebrados fóra da Galiza.

 

Mais no domingo 6 de outubro de 1907 ás 11 da mañá Manuel Lugrís Freire pronuncia en Betanzos o primeiro mitin político integramente en galego