Francisco Añón

    AS-PG
    De AS-PG
    http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-es/anon-paz-francisco.html

    Francisco Añón Paz, un dos precursores do noso Rexurdimento, naceu o 9 de outubro de 1812 na aldea de Boel, pertencente ao concello da Serra de Outes, onde transcorrerían os seus primeiros anos de vida. Ingresou no Seminario compostelano en 1829 (ano da súa fundación), mais, tras cinco anos de formación teolóxica, acabará por abandonar o centro en 1837 sen ter recebido as ordes sacramentais.