Cerre do cine París

http://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/cerre-do-cine-paris/2017-10-17/

O 17 de outubro de 1999, cando era o máis antigo do Estado Español en funcionamento e un dos máis antigos de Europa, cerraba na Coruña o cine París.

No París estrearase a primeira filmación coñecida dun partido de fútbol proxectada no Estado e gravada polo propio Eduardo Villardefrancos, o derbi galego entre o Deportivo e o Vigo F.C. O partido foi xogado na Coruña o 24 de xuño de 1911 e proxectado o 2 de xullo de 1912.