Luísa Cuesta Gutiérrez

http://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/luisa-cuesta-gutierrez-3/2017-10-18/

O 18 de outubro de 1924 é proposta como membro do Seminario de Estudos Galegos Luísa Cuesta Gutiérrez, organismo en que será admitida o 25 dese mesmo mes. Luísa Cuesta foi docente, investigadora e, sobre todo, bibliotecaria. En 1921 accede, por oposición, ao Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, tendo como primeiro destino a Biblioteca Universitaria da USC onde exercerá até 1930.