María a guerrilleira

    AS-PG
    De AS-PG
    http://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/maria-araujo-martinez/2017-10-28/

    O 28 de outubro de 1904 nace en Carril (Vilagarcía) a sindicalista, guerrilleira antifranquista e militante comunista María Araujo Martínez, tamén coñecida como María a Guerrilleira. Con dous anos acompaña na emigración á Habana aos seus pais. Alí militaría no Partido Socialista Popular. Retorna en 1932 con dous fillos pequenos.