Inauguración do Museo do Pobo Galego

http://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/inauguracion-do-museo-do-pobo-galego/2017-10-29/

O 29 de outubro de 1977 inaugúrase o Museo do Pobo Galego. Será este o herdeiro do Museo Etnográfico creado en 1932 polo Seminario de Estudos Galegos, iniciativa frustrada pola ditadura fascista. En 2016, no centenario das Irmandades da Fala, o Museo do Pobo Galego organizou coa Real Academia Galega e a Deputación da Coruña a exposición Saúde e Terra, irmá(n)s! Esta exposición relata as orixes, o traballo e a evolución das Irmandades da Fala