Neira Vilas

    AS-PG
    http://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/neira-vilas/2017-11-03/

    O 3 de novembro de 1928 nace en Gres (Vila de Cruces) o escritor Xosé Neira Vilas. Con vinte e un anos emigra a Arxentina. Alí establecerá contacto cos intelectuais do exilio, entre os que se encontran Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela e Ramón de Valenzuela.