Facsímile do número 1 de A Nosa Terra

    Sermos Galiza
    De Sermos Galiza
    http://tenda.as-pg.gal/catalogo/n-1-de-a-nosa-terra-14-de-novembro-de-1916

    Sermos Galiza ofrece, para ler de balde, a reprodución facsimilar do número un de A Nosa Terra.Para o poder ler só é preciso darse de alta na loxa e "comprar" a custo 0.0 o exemplar

    O 14 de novembro de 1916 sae na Coruña o primeiro número do xornal A Nosa Terra, unha das cabeceiras históricas do nacionalismo galego. Nace como boletín decenal baixo o lema Idearium da Hirmandade da Fala en Galicia e nas colonias gallegas d’América e Portugal. Unha das características esenciais do voceiro das Irmandades é o monolingüismo en galego. Conta con oito páxinas e nesta primeira etapa está baixo a dirección Xosé Iglesias Roura.