Consello de Galiza

http://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/consello-de-galiza/2017-11-15/

O 15 de novembro de 1944 fúndase en Montevideo o Consello de Galiza, o que será goberno galego no exilio despois do golpe militar do 36. Tivo á fronte a Alfonso Rodríguez Castelao, Elpidio Villaverde Rey, Ramón Suárez Picallo e Alonso Ríos, os catro deputados galegos eleitos das Cortes republicanas. Castelao asumiría a presidencia e Alonso Ríos a secretaría. A intención do Consello foi defender a vontade política de Galiza expresada nas últimas eleccións republicanas e no plebiscito do Estatuto galego, celebrado o 29 de xuño de 1936.