Faustino Santalices

http://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/faustino-santalices/2017-11-16/

O 16 de novembro de 1877 nace na Granxa (Bande) Faustino Santalices. Inicia a súa traxectoria como instrumentista co gaiteiro de Penalta e converterase nun dos máis famosos e prestixiosos gaiteiros do seu tempo. A el débese a recuperación da zanfona, instrumento co que gravaría as súas primeiras pezas e terminaría gravando un disco completo co título Grabaciones históricas de zanfona. Creou en Lugo un Obradiro-Escola de instrumentos galegos e publica La zanfona, un estudo histórico, literario e técnico para a aprendizaxe deste instrumento, con prólogo do seu grande amigo Ramón Cabanillas.