Porteiro Garea

http://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/luis-porteiro-garea/2017-11-16/

O 16 de novembro de 1889 nace en Lugo o avogado, xornalista, conferenciante, activista cultural e político Luís Porteiro Garea. Na primeira década do Século XX Porteiro Garea será dos primeiros activistas estudantís que alentados por Salvador Cabeza de León e Armando Cotarelo Valledor toman consciencia da necesidade de galeguizar a universidade. Participará activamente nas mobilizacións anticaciquís e agrarias e será un dos asistentes á reunión fundacional da Irmandade da Coruña. Dez días despois fundará a Irmandade da Fala de Compostela.