I Asemblea das Irmandades da Fala

http://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/i-asemblea-das-irmandades-da-fala/2017-11-18/

Os días 17 e 18 de novembro de 1918 as Irmandades da Fala celebran na cidade de Lugo a súa I Asemblea. Nesta xuntanza fíxase o ideario das Irmandades coa aprobación do Manifesto Nazonalista, manifesto que contén no seu inicio unha declaración política de abandono do rexionalismo e o paso ao nacionalismo: Nós nomeámonos de oxe pra sempre nazonalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas. O Manifesto asinado en Lugo polos representantes das Irmandades da Fala vai incluír por vez primeira o termo soberanía e recolle a necesidade de procurar para Galiza unha soberanía plena.