A zoqueira Elena Ferro

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/zoqueira-elena-ferro-fala-no-museo-do-pobo-galego-partir-dun-sancosmeiro/20171120105326063482.html


Un chapeu de aba ancha e copa baixa, fabricado en palla e empregado para se protexer do sol, que vestían as mulleres na zona de Noia, A Barcala, Santiago ou o Xallas, é o obxecto elexido pola zoqueira Elena Ferro para participar no ciclo Temos unha peza, do Museo do Pobo Galego. Trátase do sancosmeiro, un sombreiro elegante e popular, mostra egrexia de cultura tradicional.