Sermos Escola_04

http://tenda.as-pg.gal/catalogo/sermos-escola_04

Xa podes ler de balde o Sermos Escola número 4. Neste número afondamos no Proxecto TERRA, con 18 anos de vida ás costas, e lembramos as escolas de ferrado, para o que contamos co testemuño de Jesusa Vázquez, quen fora alumna da de San Adrián de Piña, en Carballo. Aliás, damos a coñecer Xeoclip, un proxecto innovador para nos mergullar na xeoloxía, e a aprendizaxe colectiva do CPI Atios de Valdoviño. A entrevista a Antón Cortizas e as obras sobre Rosalía completan a publicación.