Os mapas do reino da Galiza

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/memoria/mapa-do-reino-galiza-946/20180121194956065258.html

A cartografía é unha descoñecida e valiosa fonte documental para coñecer e interpretar de primeira man, á marxe de visións estereotipadas e interesadas, a realidade do Reino de Galiza. Ao longo desta sección, e cada catro semanas, imos achegar diversos mapas e diagramas do período medieval de orixe diversa, entre eles de autores peninsulares, francos, británicos, xermánicos, italianos ou árabes, nos máis dos casos procedentes dos grandes corpos cartográficos do momento, coa intención de fornecer información de primeira man sobre a Galiza entre o século VIII e XV.