Primeiro texto xornalístico en galego

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/memoria/carta-recomendada/20180105110107064839.html

O 5 de febreiro de 1812 aparece o primeiro texto xornalístico escrito en galego. O artigo fundacional da prensa en galego titúlase Carta recomendada e está asinado por Ramón González Senra. É un texto de propaganda política que gaba as vantaxes das reformas liberais e defende a idea da soberanía popular fronte ao poder absoluto do monarca.