Mapas do reino da Galiza

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/memoria/reino-galiza-mapa-biruni/20180214170055066037.html

É unha das grandes cartografías da cultura árabe de matriz persa. Elaborado a camiño entre o século X e o XI, dátase como ano do seu remate 1030, sendo decisiva a súa influencia noutros mapas posteriores. O seu autor, Ahmad al-Biruni, foi un dos máis relevantes científicos do seu tempo. Nado en Katz, Uzbekistán, en 973 e morto en Gazni, Afganistán, en 1048, sinalouse como historiador, xeógrafo, farmacéutico, astrónomo e matemático. Calculou o radio da esfera terrestre cun erro inferior ao 1%, un resultado que o mundo occidental non chegou a ter até o século XVI, sendo o grande impulsor dos estudos nos campos das análises combinatorias