Nani García: Música galega

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/nani-garcia-toda-musica-sae-min-galega/20180223183426066340.html

A biografía musical de Nani García (A Coruña, 1955) é en boa parte a historia do jazz galego. Piano do mítico Clunia Jazz, el estivo na orixe de todo. Músico total, ningunha partitura lle é allea: nen as que remiten para o universo dos ritmos africanos reinventados en Nova Orleáns nen as que teñen como destino as pantallas dos cinemas ou o palco da Orquestra Sinfónica de Galiza. Exitoso compositor de bandas sonoras, na noite do 4 de marzo un fragmento do Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa pode pertencerlle.