Francisca Herrera

http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-es/herrera-garrido-francisca.html

Francisca Herrera Garrido naceu na Coruña de 1869 no seo dunha familia acomodada. Só viría perturbar a feliz infancia a morte do único irmán de Francisca, facto que contribuíu a fortalecer a relación da escritora coas súas tres irmás, que se mantería ao longo da súa vida. Xa rapariga, coñeceu a morte do seu namorado, ás portas do casamento, o que provocou a determinación de Francisca de dedicar a súa existencia a asistir a nai. O amor entre nai e filla, fondamente idealizado, foi, xunto co ruralismo e a renuncia da muller, un dos eixos temáticos da súa obra.
A entrada da escritora coruñesa no mundo literario produciuse coa publicación do libro de poemas Sorrisas e bágoas (1913).