Rosalía ten outra imaxe hoxe

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/rosalia-ten-outra-imaxe-hoxe/20180307183310066729.html

A Kathleen March (Rochester, Nova York, 1949) debésenlle algunhas abordaxes pioneiras sobre a obra de Rosalía de Castro. Ao respecto, esta catedrática de Linguas Modernas na Universidade de Maine confésase seguidora das teses de Francisco Rodríguez e María Pilar García Negro. “A súa maneira de falar de Rosalía como feminista e nacionalista impactou en min”, lembra. Atada a Galiza e á súa cultura desde que nos Estados Unidos recibiu clases dun profesor galego, March foi, entre 1982 e 1985, a primeira presidenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Eis un extracto da conversa publicada no Sermos Galiza 287.