Alexandra Murguía: a presenza invisíbel

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/alexandra-murguia-presenza-invisibel/20180316100938067040.html

Alexandra Murguía naceu o 12 de maio de 1859. Morreu o 22 de marzo de 1937. Ao día seguinte, 23 de marzo, o xornal El Compostelano, entre outros, daba conta da súa morte. Non morrera Alexandra Murguía, falecera a filla do “documentado historiador don Manuel Murguía y de la inspirada poetisa Rosalía Castro”. Foi esta unha das poucas ocasións en que a prensa se interesou por Alexandra Murguía, malia os méritos propios que acumulaba para aparecer impreso o seu nome.