O dos medios é un territorio no que se dirime o futuro da nosa lingua

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/medios-territorio-dirime-futuro-da-nosa-lingua/20180313142118066920.html

Anxo Angueira, escritor e presidente da Fundación Rosalía de Castro, explícanos que espera de O Diario Galego e por que o ve necesario.

-Que esperas de O Diario Galego?

 

-Que sexa plural e de calidade.

 

-Por que é necesario?

 

-Creo que é necesario porque o dos medios é un territorio no que se dirime dun xeito decisivo o futuro da nosa lingua.

 

-Que pegada podería ter no ámbito lingüístico e da creación literaria?

 

-Se ollamos a historia do xornalismo en Galiza, desde o século XIX ós nosos tempos, é fácil deducir que lle deu ao galego e á literatura galega un osíxeno imprescindíbel.