Vilar Ponte. Nacionalismo galego

http://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/nacionalismo-gallego-nuestra-afirmacion-regional/2018-03-21/

O 21 de marzo de 1916 Antón Villar Ponte tira do prelo, na “Tipografía Obrera” coruñesa, unha primeira edición do folleto titulado Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional. Segundo indica a súa portada, trátase duns “apuntes para un libro”, en que fala da necesidade de emprender de inmediato un labor de defensa e potenciación do uso da lingua, como paso previo ao rexurdir económico, social e político de Galiza.