Francisco Mª de la Iglesia

http://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/francisco-ma-de-la-iglesia/2018-04-05/

O 5 de abril de 1897  morre na Coruña Francisco Mª de la Iglesia González  rexionalista galego, mestre, xornalista, poeta e dramaturgo. Fundou e dirixiu “El Diario de Galicia” e colaborou en “El Defensor de Galicia” e “El Fomento de Galicia”. Desde 1868 dirixiu o “Diario de La Coruña” e en 1863 a revista “Galicia”, que publicaría até 1865.     Mais será pola súa produción dramática polo que Francisco María de la Iglesia ocupará un lugar destacado na nosa literatura. O 13 de agosto de 1882 o Liceo Brigantino Coruñés estreará a súa peza A fonte do xuramento.