María Miramontes

http://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/maria-miramontes/2018-04-06/

O 6 de abril de 1895 nace en Guísamo (Bergondo – A Coruña) María Miramontes, animadora e impulsora das escolas de ensino galego. Sendo moi nova establece relación cos núcleos galeguistas da cidade e comeza a súa militancia nas Irmandades da Fala e terminando por formar parte da súa Xunta Directiva. Seguramente é aquí onde coñece o seu home Ánxel Casal.