Xunta Provisional de Goberno de Galicia

    AS-PG
    De AS-PG
    http://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/xunta-provisional-de-goberno-de-galicia/2018-04-15/

    O 15 de abril de 1846 realízase a proclama de constitución da Xunta Provisional de Goberno de Galicia, da que Antolín Faraldo era secretario.

    “Galicia, arrastrando ata aquí unha existencia oprobiosa, convertida nunha verdadeira colonia da corte, vai levantarse da súa humillación e abatemento. Esta Xunta, amiga sincera do país, consagrarase constantemente á engrandecer o antigo reino de Galicia, dando proveitosa dirección ós numerosos elementos que atesoura no seu seo, levantando os cimentos dun porvir de gloria. Para conseguilo esforzarase constantemente en fomentar intereses materiais, crear costumes públicos, abrir as fontes naturais da súa riqueza, a agricultura, e o comercio, e poñer en harmonía coa época os hábitos e as ideas que deixou unha sociedade decrépita fundada sobre a ignorancia. Espertando o poderoso sentimento de provincialismo, e encamiñando á un só fin todos os talentos e todos os esforzos, chegará á conquistar Galicia a influencia de que é merecedora, colocándose no alto lugar á que está chamado o antigo reino dos suevos.” (en español no orixinal).