Sermos Galiza: seis anos de vida e un diario en papel por diante

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/sermos-galiza-anos-vida-diario-papel-diante/20180425180556068213.html

Sermos Galiza fai seis anos neste vinte e seis de abril. Seis anos na súa versión dixital porque a outra, o semanario en papel, fai anos, tamén seis, o 8 de xuño.

... non podemos esquecer que, infelizmente, o semanario segue a ser a única posibilidade que un lector de prensa galega pode atopar nos quiosques. Eis a importancia de ampliarmos a base lectora do semanario. Neste sentido, a posibilidade de contarmos cun diario en papel procura esa ampliación necesaria para nos dotar dun espazo de comunicación galego, entendendo por tal aquel que coloca o galego como única lingua de comunicación e Galiza como espello en que se ollar.