Até o 40 de maio ...

    AS-PG
    De AS-PG
    http://tenda.as-pg.gal/catalogo/ate-o-40-de-maio-

    Desde hoxe, e até o 40 de maio ...

    ... non tires o saio (a non ser para considerar esta promoción de libros e disco da AS-PG).

    Os ollos que falan: Musicación de 11 temas de “Cantares Gallegos” polo grupo Tempo Catro. Os poemas que  conforman o álbum amosan a actualidade e versatilidade da obra rosaliana.

    Anatomía da Lingua (Lingua de amar, lingua de amor): 31 poemas saídos "dun impo tan profundo como a noite", da lingua, da nosa lingua. Como obxecto para amar, como obxecto de amor, como palabra de futuro.

    Sabela almiranta dos mares do sur: Na época das grandes exploracións hai unha especialmente chamativa e, sobre todo, especialmente esquecida. É aquela que comezou para facer  a viaxe máis longa e nunca antes feita daquelas embarcacións de menos de trescentas toneladas chamadas naos e acabou sendo dirixida pola primeira, e única,  galega almiranta do mar, gobernadora e adiantada maior. Diso vai este libro, da viaxe e da historia de Sabela de Barreto.