Os xardíns da Alameda

http://historiadegalicia.gal/2018/05/por-que-santiago-acabou-celebrando-as-suas-festas-nos-xardins-da-alameda/

Hai poucos días Santiago de Compostela celebraba un ano máis as multitudinarias festas da Ascensión. Como todos os anos, polbeiras, atraccións de feria, tómbolas, unha enorme noria e palcos das orquestras enchían os xardíns da Alameda de Santiago de Compostela dun ambiente lúdico e festivo. Pero, por que este, e non calquera outro recinto da cidade é o que acolle a festa?

Na imaxe, manuscrito orixinal en cor do proxecto de creación do que hoxe en día é o parque da Alameda de Santiago / USC