Renacer á descuberta das palabras. María Victoria Moreno

https://cadernodacritica.wordpress.com/2018/05/31/renacer-a-descuberta-das-palabras-maria-victoria-moreno-mercedes-queixas-e-cesareo-sanchez-coords/

O Caderno da crítica reseña o volume de Sermos Galiza sobre María Victoria Moreno. "Un volume que convida a ler, ou reler, á luz de diversas interpretacións, a obra literaria da autora de Elexías de luz, máis alá deste mes de maio, máis alá deste ano que andamos"

O volume, coordinado por Mercedes Queixas e por Cesáreo Sánchez, e enriquecido con numeroso material documental e fotográfico, en ocasións inédito, está constituído por oito achegas que subscriben  voces autorizadas como son Montse Pena Presas, Fina Casalderrey, Antonio García Teijeiro, Marta Dacosta, Susana Aríns, Carme Vidal, Mercedes Queixas e Eli Ríos.